« home euskararen  etxea
Solicitar visita | Contactar | Atención ao Cliente
Euskara | Castellano | Galego | Catalá | Français | English
Presentación | La Exposición | Mediategia | Asociaciones | Servizos | Localización | Horarios | Galería de fotos | Noticias | Axenda | Home

 

 
 
 
Mediategia
 

/mediategia

O obxectivo da Mediategia (Mediateca do Éuscaro) é dispor dun arquivo multimedia con todo o material dixital (CD, disquete, DVD) publicado en Éuscaro até a actualidade. Por outro lado, realizouse tamén unha colección con todos os sitios Web sobre o éuscaro dispoñibles na Internet. Preténdese tamén que todo o material poida ser visualizado perfectamente dentro do ambiente da Mediategia.

Para isto, está dispoñible o sistema operativo que permite a súa visualización, o hardware que permite velo e as versións de determinados visualizadores (Quicktime, tarxetas de son, vídeo, etc.) que hoxe se encontran fóra do mercado.

   

Mediategia, a Mediateca do Éuscaro, ocupa 97,30 m2 nunha sala localizada no segundo andar do edificio.

Está dotada de 9 postos de consulta e 9 ordenadores nos que se pode acceder aos distintos programas e materiais.

É cada día máis evidente a necesidade de catalogar e reunir o material dixital que foi sendo producido até o momento, tanto en éuscaro como en calquera outra lingua.

 

··> Unha das razóns principais que xustifican este feito é a constatación de que este tipo de materiais non foi recollido até o momento en bibliotecas ou centros culturais de maneira sistemática, polo que non é esaxerado pensar que moitos materiais se perderon de forma case irremisible, e que só algúns exemplares se conservarán en boas condicións de uso en mans de usuarios particulares.

Os usuarios que levan máis tempo incorporados a este mundo dixital, tal e como se pode observar en artigos publicados en revistas especializadas, son xa conscientes deste problema: os produtos antigos non son xa lexibles coas tecnoloxías máis avanzadas.

Dito doutro modo, moitos dos CDs adquiridos nos primeiros anos non poden ser xa lidos nos aparellos actuais por seren obsoletos os programas en que foron deseñados.

Faise por tanto evidente a necesidade de dar unha resposta a esta situación para que este grande esforzo que ven sendo realizado até hoxe polas institucións e por numerosas empresas non fique inutilizable no prazo duns poucos anos. É preciso ademais ter en conta que toda está información non pode ser pasada para a Internet, sendo necesario dispor dun centro físico onde os interesados poidan realizar as súas consultas.

« volver

 
 
  [ Eusko Jaurlaritza ] · [ Bizkaiko Foru Aldundia ] · [ Bilbaoko Udala ]  

Eusko Jaurlaritza
Bizkaiko Foru Aldundia
Bilboko Udala

Plaza Aoiz 1 · 48015 Bilbao · Bizkaia · Tel.: 94 405 23 83 · Fax 94 405 24 07 · E-mail: Euskararen Etxea