« home euskararen  etxea
Solicitar visita | Contactar | Atención ao Cliente
Euskara | Castellano | Galego | Catalá | Français | English
Presentación | La Exposición | Mediategia | Asociaciones | Servizos | Localización | Horarios | Galería de fotos | Noticias | Axenda | Home

 

 
 
 
Servizos
 

O Centro de Interpretación do Éuscaro arranxouse expresamente de cara ás visitas que vai recibir. Por isto, tanto as instalacións coma os contidos ofertados son totalmente axeitados para visitas de grupos .

Visitas de grupos: durante as visitas un guía especializado acompaña aos visitantes por todo o percorrido explicando os diferentes contidos da mostra. As visitas poderanse realizar en catro idiomas (éuscaro, castelán, inglés e francés) e deberán reservarse con antelación, tendo en conta que están orientadas a grupos dunhas 30 persoas.

Visitas guiadas para escolas: estas visitas están orientadas a grupos de escolares de: segundo e terceiro ciclo de educación primaria e primeiro e segundo ciclo de ESO. As visitas arranxáronse para grupos duns 30 escolares e as vai dirixir un guía especializado. Ao rematar a visita, repartiráselles un caderno sobre contidos, coa intención de afianzar os coñecementos adquiridos durante a exposición. Os cadernos arranxáronse para os seguintes treitos de idade:

( Para escolares de entre 8-12 anos ) ( Para escolares de entre 12-16 anos )

Adaptado para persoas discapcitadas: o centro conta con ascensor para facilitar o acceso a persoas con discapacidades físicas. Ademais, os baños están arranxados para atender as súas necesidades.

Entre os servizos que oferta o centro atópanse o gardarroupa e o punto de información.

Se estás interesado en visitar o Centro de Interpretación do Éuscaro chama ao 94 405 23 83 ou solicita visita aqui .

 
 
  [ Eusko Jaurlaritza ] · [ Bizkaiko Foru Aldundia ] · [ Bilbaoko Udala ]  

Eusko Jaurlaritza
Bizkaiko Foru Aldundia
Bilboko Udala

Plaza Aoiz 1 · 48015 Bilbao · Bizkaia · Tel.: 94 405 23 83 · Fax 94 405 24 07 · E-mail: Euskararen Etxea